A editorial Kalandraka ofrece contos contados para acompañar o día a día das familias.
A editorial de literatura infantil e xuvenil Kalandraka pon o seu gran de area no espazo de entretemento cultural e literario lanzando a campaña audiovisual "Cuentos contados" na que cada día irá subindo un vídeo contando un conto de entre todas as obras do seu catálogo. Esta acción está orientada, sobre todo, para o disfrute dos máis peques da casa, pero tamén deleitará a todas aquelas persoas que lles gusta que lles conten contos.
Aquí vos deixo algúns:
- Olalla González e Marc Taeger - Aquiles o puntiño
- Paco Nogueiras - Quen é ese becho?
- Xosé Ballesteros - Os tres porquiños
- Sara Lebedynski - Un becho estraño
- Bea Campos - A que sabe a lúa?
- Sandra Senra - As tres princesas pálidas
- Tamara Campos - Polo Camiño
- Loli Blanco e Helena García - O pirata valente / El pirata valent
- Olalla González - Garavanciño
- Loli Blanco - A cebra Camila
- Bea Campos - Unha última carta
- Versos e viceversos - Día da poesía
- Ana Abelenda - P de papá
No hay comentarios:
Publicar un comentario