https://www.orientacionandujar.es/

martes, 2 de junio de 2020

INFORMACIÓN PARA PAIS E ALUMNOS DE 6º EP

Ola, rapazas e rapaces de sexto de Educación Primaria:
Este curso as circunstancias provocadas pola pandemia do Covid-19 non nos van permitir rematar o curso coma sempre.
A visita que facemos ao IES Castelao, centro ao que acudiredes a maioría de vos, non se poderá facer. 
Dende o departamento de Orientación do  Instituto queren facervos chegar unha completa información sobre a etapa que ides comenzar.
 En setembro iniciaredes unha nova Etapa Educativa, a Educación Secundaria Obrigatoria

É un momento moi importante nas vosas vidas e moi emocionante.
Moitos de vos levades 9 anos na Doblada e  agora   cambiades a un centro descoñecido, con horarios, normas, profesores e compañeiros  distintos aos que vos teredes que habituar.
Esta nova etapa precisa dun grande esforzo e de moito traballo pola vosa banda.
Ides coñecer a novas compañeiras e compañeiros e iso vos dará oportunidade de aumentar o grupo de amizades. 
Estades preparados para afrontar este cambio con éxito, pero non nos esquezades nunca!

viernes, 29 de mayo de 2020


OS PEQUES INICIAN A SÚA VIDA ESCOLAR
No mes de setembro, o alumnado de tres anos incorporarase por primeira vez ao colexio, comezando o segundo ciclo da Educación Infantil, un grande cambio na súa vida.
Esperamos con ilusión o momento de darlles a benvida ao noso colexio.


Actividades para Educación Infantil: Comenzar en Educación ...

CAMBIO DE ETAPA EDUCATIVA


Estamos a piques de rematar este curso 2019 /2020. Un ano académico que, sen dúbida, quedará na memoria de pequenos e maiores.
Hai nenos/as que no próximo curso van comezar unha nova etapa educativa, continuando no colexio ou pasando a un centro de secundaria. 
Para todos  e para as súas familias achegamos esta información sobre o cambio de etapa, realizada polo psicopedagogo Jesús Jarque.

                           FOLLETOS PARA FAMILIAS | Familia y educacion, Familia y cole ...   ORIENTA: ORIENTACIONES PARA FAMILIAS

martes, 26 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020


15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA