https://www.orientacionandujar.es/

martes, 2 de junio de 2020

INFORMACIÓN PARA PAIS E ALUMNOS DE 6º EP

Ola, rapazas e rapaces de sexto de Educación Primaria:
Este curso as circunstancias provocadas pola pandemia do Covid-19 non nos van permitir rematar o curso coma sempre.
A visita que facemos ao IES Castelao, centro ao que acudiredes a maioría de vos, non se poderá facer. 
Dende o departamento de Orientación do  Instituto queren facervos chegar unha completa información sobre a etapa que ides comenzar.
 En setembro iniciaredes unha nova Etapa Educativa, a Educación Secundaria Obrigatoria

É un momento moi importante nas vosas vidas e moi emocionante.
Moitos de vos levades 9 anos na Doblada e  agora   cambiades a un centro descoñecido, con horarios, normas, profesores e compañeiros  distintos aos que vos teredes que habituar.
Esta nova etapa precisa dun grande esforzo e de moito traballo pola vosa banda.
Ides coñecer a novas compañeiras e compañeiros e iso vos dará oportunidade de aumentar o grupo de amizades. 
Estades preparados para afrontar este cambio con éxito, pero non nos esquezades nunca!