Aprender desde a casa xogando
Dende o Departamento de Orientación queremos presentarvos algúns recursos que poidan ser de utlidade para traballar na casa cos vosos fillos/as.
Estes materiais son recursos aplicables a todo o alumnado, recursos moi visuais e interactivos cos que non só aprenderemos, senón que o faremos do mellor xeito posible, xogando e disfrutando.
Árbol ABC. Trátase dunha plataforma pensada para fomentar a aprendizaxe a través do xogo en nen@s desde 3 a 10 anos e inclúe exercicios baseados na teoría das intelixencias múltiples. Os alumnos poderán incorporar e reforzar os coñecementos a través de adiviñas, chistes, lecturas interactivas e xogos, entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario